Na traxectoria deste artista podemos atopar moitas e moi diversas actividades, agora, que se poidan contar, poucas.
E é que a vida deste rapaz non foi doada: houbo días que tivo que preparar o seu propio almorzo, metíase na cama e as sabas estaban frías, quedou en máis dunha ocasión sen papel estando no váter…, vamos, o que se di unha vida con complicacións.
Ante todas estas adversidades pasou o que tiña que pasar, acabou no vicio. E ademais colleu o peor de todos, un que necesitaba a diario: comer.
Isto levouno a facer algo que el nunca pensara en rematar facendo: traballar, pero non en calquera sitio non, no Supermartes .
Non vos preocupedes, esta historia remata ben! David sacouse desas compañías e agora, redimido, conta a súa historia por toda Galicia para que ninguén teña que sufrir o que sufriu el.
E se non te fías de nós, le as seguintes críticas:
“Probablemente, un dos mellores humoristas galegos de tódolos tempos” (nai de David)
“E moi juapo e come moi ben” (a súa avoa)
“A min non me envolvades nas vosas andrómenas” (o proxenitor)
“Eu, con tal de que non chegue borracho a casa, que faga o que queira” (a moza).
Sorry, there are no David Amor tour dates available right now. Using the links below you can receive David Amor email alerts when David Amor tour dates are available or demand a David Amor concert in your city
Tanned Tin 2011 cierra el cartel El Tanned Tin 2011 presenta su cartel definitivo con las incorporaciones de Triángulo de Amor Bizarro, El Hijo, Rauelss... 12 ene 2011
Equipo – Hacemos posible nvivo.es y 5gig Staff Actualmente en nvivo.es Carlos Sánchez. CEO, fundador, director técnico, programador, vamos, el chico para todo&... 27 jun 2008